Este mércores 11 de decembro imos realizar unha visita organizada polo departamento de orientación ao Museo San Paio de Narla entre as 10:30 e as 13:30.
Foi unha actividade que disfrutamos moito. Tods unha aventura descubrir a vida da torre no pasado.
Premede na foto.
martes, 10 de diciembre de 2019
lunes, 9 de diciembre de 2019
SAÍDA AO AERÓDROMO DE ROZAS
Este xoves 5 de decembro fixemos a saída ao Aeródromo de Rozas para poder ver os transportes aéreos. Tamén tivemos a sorte de poder parar na estación de tren e dende a ponte do río Miño vimos un barco. En total os tres tipos de transporte que traballamos: aéreos, terrestres e acuáticos.
miércoles, 4 de diciembre de 2019
ROBÓTICA
Os nenos/as están entusiasmados coa colaboración de Ángela, estamos traballando cun pequeno robot iniciándonos no seu manexo.
INFORMÁTICA
Xeralmente os venres soemos ir a aula de informática onde os nenos/as comezan a acercarse a empregar esta ferramenta mostrando un grande entusiasmo. Traballan por parellas e imos coa axuda de Ángela.
martes, 26 de noviembre de 2019
DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO
Este luns 25 de novembro celebramos o día da Non Violencia de Xénero lembrando a Malala que traballaramos o ano pasado, co conto de Artur e Clementina e unha canción.
miércoles, 20 de noviembre de 2019
DÍA DA INFANCIA
Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día dos Dereitos da Infancia e nós conmemorámolo con cancións, contos e actividades. Unha das cancións que estivemos a cantar foi:
lunes, 11 de noviembre de 2019
MAGOSTO
Este xoves 14 de novembro, celebraremos a festa da castaña ca habitual cross do magosto, uns xogos como protagonista a castaña cos nen@s de infantil e a degustación deste froito do outono na hora do xantar.
A CARREIRA
miércoles, 30 de octubre de 2019
SAMAÍN
Celebramos unha das festas do outono, O Samaín, con concurso de calacús coordinado polo equipo de biblioteca, decoramos a nosa porta de medo, fomos ao contacontos que os nen@s de sexto nos contaron na biblio, fixemos pantasmas e fixemos un conxuro quitamedos na aula. Pasámolo xenial estes días.
Cancións:
lunes, 28 de octubre de 2019
OUTONO
Os nen@s moi contentos e ilusionados comezan investigando o outono cos froitos da súa contorna, con cancións e sobre todo coas follas que caen das árbores e tanto xogo nos dan.
Fixemos un mural conxunto no que o protagonista é o vento que axuda a que as follas voen.
Fixemos un mural conxunto no que o protagonista é o vento que axuda a que as follas voen.
domingo, 13 de octubre de 2019
CAMBIO PSICOMOTRICIDADE
Comunicamos que a sesión de psicomotricidade que tiñan os nen@s os luns pasa a ser os martes por cuestións de organizativas.
martes, 8 de octubre de 2019
domingo, 29 de septiembre de 2019
BENVIDOS.
Xa estamos en 5º de Educación Infantil na clase de 4 anos e os neno/as decidiron cambiar o nome da Clase dos Pitiños á clase Do Chimpín despois de moito pensar e poñernos dacordo.
E pouco a pouco imos elaborando o noso mural co traballo e colaboración de todos especialmente co asesoramento do profesor Modesto da área de plástica de secundaria.
E pouco a pouco imos elaborando o noso mural co traballo e colaboración de todos especialmente co asesoramento do profesor Modesto da área de plástica de secundaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)