- Onde podemos atopar auga.
- Para que serve a auga.
- Planeta azul.
- Auga doce-auga salgada.
- Características da auga ( incolora, sen sabor e sen forma).
- Estados da auga (sólido, líquido e gasoso).
- Ciclo da auga.
- Seres vivos que habitan na auga.
- Transportes acuáticos.
- Contaminación.
- Uso responsable da auga.
- Experimentos con auga.
Teremos o noso recuncho na aula do proxecto da auga para todo o que fagamos e as familias queiran aportar, pouco a pouco medrará.
Moito material relacionado coa auga trouxestedes: mural; acuario; o ciclo da auga en debuxos, maquetas; animais que viven na auga; utensilios de pesca, xogo; xeo; ... Fantástico.
Pero a verdade que o que máis aportástedes foron contos, sei que vos gustan moito e iso éncheme de ledicia. Moitas grazas por compartir.
O primeiro día que falamos do novo proxectos foi plantexando unha adiviña, o segundo ao chegar a clase había unha cubeta con xeo para a través dos sentidos comezar a nosa nova aventura.
Observamos tocamos e vimos como se ía desconxelando ao longo da mañá.
Fixemos a nosa pinga de auga:
Saída ao río Narla de Friol:
Este pasado venres 24 de xaneiro fomos ao río Narla en Friol dando un paseo dende o colexio para poder observar dende cerca o río, a súa contorna, pequenos saltos ou cachóns no seu curso e tamén tivemos a oportunidade de ver a neboa enriba do río e o vapor de auga saíndo das nosas bocas, todo xa coma pequenos investigadores-observadores. para rematar pasamo pola area recreativa da praza do pobo.
Botella da calma:
Con material de refugallo, botellas de auga valeiras que nos proporcionou a familia de Izan, fixemos a botella da calma para relaxarnos:
Cancións:
Canción de Elefantes y Manolo García "Agua" que colabora con Intermon Oxfam para proyectos de agua. Facilitada por la familia de Iria Díaz.
Usos da auga:
No hay comentarios:
Publicar un comentario