Dada a situación actual non demos acabado esta actividade que desexamos poder rematar á volta.
FAMILIA DE JOSÉ MARÍA.
Jose estivo moi contento de poder presentarnos ao seu irmán pequeno Adrián en compañía da súa nai, o seu pai e a súa avoa. Faláronos do coidado do seu irmán e todos estiveron moi contentos. Moitas grazas por vir.
FAMILIA IRIA ARIAS
Iria ilusionouse moito por presentarnos a súa mascota Víctor en compañía da súa nai que a encheu de ledicia. Contounos cómo se alimentaba, como xogaba con el, onde soia durmir, ... Moi interesante que a tódolos nen@s lles encantou sobre todo acariñalo. Moitas grazas por participar.
FAMILIA DANIELA VÁZQUEZ
Daniela mostrouse moi contenta de que a súa nai viñera a falarnos do seu traballo o coidado dos máis maiores nunha residencia de anciáns. Con moito cariño falounos de onde durmían, comian e actividades que facían os maiores nunha residencia. Logo falounos de todo o traballo que se facía, cociña, limpeza, roupa, actividades, ... e o seu uniforme de traballo que Daniela nos mostrou en foto. Todos quedaron abraiados e contentos de ver cousas novas. Moitas grazas por adicarnos un anaco.
FAMILIA LEO MARQUÉS
Leo estaba moi ilusionado por traer a súa irmá que tiña moita gana de ensinarnos como xa andaba Sía, e que os seus pais nos falaran do seu traballo e o coidado da súa irmá. A súa nai coa granxa dos pitiños e o seu pai co transporte. e mandounos un agasallo polo transporte. Moitas grazas por vir e compartir.
FAMILIA UXÍA
Uxía estaba desexando traer a súa irmá recén nacida para presentárnola xunto coa súa nai e nun segundo día co seu pai xa que nos esqueceramos da foto de grupo. Contounos cómo fora a chegada da súa irmá Erea, vimos como mamaba, mudamos o cueiro e cada nen@ que quixo colleuna no colo.
Uxía estaba moi contenta e moi xenerosa. Moitas grazas por esta experiencia.
FAMILIA IZAN
Izan estaba ilusionadísimo de que a súa "abu Teresa" estivera con nós realizando tarefas manuais como reciclado de papeis de periódico para facer cestos, con alame pasadores e xoias, pintura, e ata un conto qu enos contou " A casa de Pedro". Foi un placer contar con vós, moitas grazas.
FAMILIA SUHAILA
Suhaila desexosa de que súa nai viñera a facer con nós un obradoiro de como facer pan, mostrouse moi orgullosa, responsable e colaboradora. Explicáronos o seu lugar de traballo a panadería Suso, o uniforme, materiais para facer pan e puxémonos man a obra. Logo por arte de maxía cada nen@ recibiu o seu pan feito que merendamos moi contentos. Moitas grazas por vir.
FAMILIA LAURA
Laura moi leda presentounos ó seu pai co uniforme posto o que impresionou aos seu compañeir@s. Falounos do seu traballo Policía Nacional, cal era o seu labor, que nos aclarou que prioritariamente era axudar á poboación, claro que tamén coller ladróns, .... Ensinounos a placa, as esposas e agasallounos cun carnet e uns debuxos que fixemos na clase. Moitas grazas polo voso tempo.
FAMILIA DE BRAIS
Brais mostrouse moi ilusionado facendo unha preciosa presentación das flores de inverno ca súa nai.
Quedamos abraiados da variedade de flores que hai no inverno, dende mimosas, carqueixas, camelias, berzas, nabos, ata o alecrín. Ulimos, tocamos e sentimos. Moita é a sorte que temos de que veñadas. Grazas.
FAMILIA DANIELA PENÍN
Daniela estaba desexando presentarnos ó seu irmán Leo que veu ca súa nai. Explícáronnos por onde nacera, que tomaba biberón, como o cuidaban, .... Na clase cambiámoslle o cueiro e Daniela preparoulle un biberón, todos quedaron abraiados. Ó final cada neno que quixo deulle un biquiño ó bebé. Moitas grazas por vir.
FAMILIA JORGE
Jorge mostrouse moi cariñoso coa súa nai cando nos veu falar dos peixes que venden na peixaría. Explicounos que van recollelos á lonxa, diferentes tipos de peixes e outros animais coma cefalópados. Ensinounos como era un peixe e algúns que non tiñan dentes. Quedaron encantados e con moitas ganas de ver os dentes dun tiburón. Moitas grazas por compartir o voso tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario