martes, 10 de diciembre de 2019

SAÍDA SAN PAIO DE NARLA

Este mércores 11 de decembro imos realizar unha visita organizada polo departamento de orientación ao Museo San Paio de Narla entre as 10:30 e as 13:30.
Foi unha actividade que disfrutamos moito. Tods unha aventura descubrir a vida da torre no pasado.
Premede na foto.


lunes, 9 de diciembre de 2019

SAÍDA AO AERÓDROMO DE ROZAS

Este xoves 5 de decembro fixemos a saída ao Aeródromo de Rozas para poder ver os transportes aéreos. Tamén tivemos a sorte de poder parar na estación de tren  e dende a ponte do río Miño vimos un barco. En total os tres tipos de transporte que traballamos: aéreos, terrestres e acuáticos.


miércoles, 4 de diciembre de 2019

ROBÓTICA

Os nenos/as están entusiasmados coa colaboración de Ángela, estamos traballando cun pequeno robot iniciándonos no seu manexo.




INFORMÁTICA

Xeralmente os venres soemos ir a aula de informática onde os nenos/as comezan a acercarse a empregar esta ferramenta mostrando un grande entusiasmo. Traballan por parellas e imos coa axuda de Ángela.







martes, 26 de noviembre de 2019

DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Este luns 25 de novembro celebramos o día da Non Violencia de Xénero lembrando a Malala que traballaramos o ano pasado, co conto de Artur e Clementina e unha canción.

miércoles, 20 de noviembre de 2019

DÍA DA INFANCIA

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día dos Dereitos da Infancia e nós conmemorámolo con cancións, contos e actividades. Unha das cancións que estivemos a cantar foi:


lunes, 11 de noviembre de 2019

MAGOSTO

Este xoves 14 de novembro, celebraremos a festa da castaña ca habitual cross do magosto, uns xogos como protagonista a castaña cos nen@s de infantil e a degustación deste froito do outono na hora do xantar.





A CARREIRA