Comezamos outra semana con traballo dende a casa, ánimo xuntos podemos facelo xenial.
Nesta ocasión Ángela, a profe de apoio, cóntanos un conto moi chulo cunhas pedras e un personaxe que o conta moi especial. Disfrutade do conto "Jack o pequeno pirata".
Qué animal nos conta o conto?
Con quen xogaba Jack?
Que lle caía ao loro?
Como se chamaba a Serea?
Como se chamaba o pirata?
Que había no mar que non deixaba medrar ás algas e respirar aos peixes?
Agora vós podedes coller unha pedra, lousa e pintar nela algo que vos guste e contar que é. Apatécevos?
Benvidos outra semana máis. Esperamos que vos sexan atractivas as actividades desta semana e participedes e nos fagades partícipes das vosas elaboracións referidas ás mesmas.
Comezamos por un conto que fixo a profe Aurora con moito cariño, o título é "El coronavirus y nuestro planeta", seguindo co tema que nestes momento estamos a vivir. Un conto para reflexionar.
Premede na imaxe.
Agora propoñémosvos dúas actividades:
-Actividade de atención e comprensión.
-Actividade global:
-Repasamos as formas.
Que forma ten o coronavirus?
3 anos: nun papel poñer o nome e debuxar como é o coronavirus para ti.
4 e 5 anos: nun papel poñer o nome e apelidos debuxar como é o coronavirus para ti e escribir CORONAVIRUS.
Entramos na fase 1 actuemos con responsabilidade e manteñamos a distancia social, pouco a pouco conseguirémolo.
Esta semana temos varias conmmemoracións:
-A primeira 15 de maio Día da Familia todas diferentes e todas especiais. Para celebrar este día propoñémosvos coller un folio ou papel poñer o voso nome os de 3 anos e os de 4 e 5 o nome e apelidos ( se non se lembran podemos escribilos en maiúscula nun papel para que os copien) facer un debuxo da vosa familia.
-A segunda o 17 de maio Día das Letras Galegas que este ano a consecuencia da crise sanitaria aplázanse o actos conmemorativos para o 31 de outubro en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero. Lembrarvos que, para este domingo, no noso centro temos convocado un concurso de creación literaria que para infantil é un debuxo de creación libre que podedes enviar ao correo do centro ou polos canles habituais e nós farémolo chegar.
Algúns de vós xa coñecedes un conto deste autor imosvolo deixar para darvos algunha idea para o debuxo se non o fixéstedes , pode parecerse algo ao da semana pasada!
As pitas baixo a choiva de Ricardo Carvalho.
Proxecto Coronavirus.
Convertirémonos en investigadores!!!
Esta semana imos traballar tamén con un conto moi especial do momento que estamos a vivir e logo propoñémosvos un experimento que nos vai axudar a ver a importancia de lavarse as mans con moita frecuencia.
Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa) de María Coco Hernando.
Experimento:
Convidámosvos a facer un experimento que nos vai a concienciar máis de lavarnos moi a miúdo as mans. Para facer este experimento precisamos:
-Un prato ou cunca.
-Auga.
-Unha especie coma orégano.
-Xabón.
Repasamos as vogais
Deixámosvos uns xogos divertidos para repasar as vogais especialmente para 4 e 5 anos.