lunes, 4 de mayo de 2020

ACTIVIDADES 8ª SEMANA FICA NA CASA.

Comezamos nova semana en fase 0 de desescalada. Ánimo cada día queda menos.
Propoñémosvos máis actividades que esperemos que vos resulten atractivas e motivadoras, de materiais sinxelos e que todos podemos ter pola nosa casa.

ACTIVIDADES

Conto:

Esta semana a profe Chus de 3 anos vainos contar un conto que ten moitos animais, cantos contades?
Seguriño que vos vai gustar, disfrutade deste tesouro que son os contos.


Como actividade desta semana faremos con moita ilusión:

3 anos:

Nun papel poñemos o noso nome e logo debuxamos unha galiña coa nosa man.
 Suxerencia

 Completamos o perfil da man cun peteiro, a cresta, o ollo e as patas e xa temos unha galiña!!!


4 anos:


Facemos o mesmo que en 3 anos pero a maiores escribimos GALIÑA. Cantas letras ten? Cal se repite? Podedes completar o debuxo con máis cousas (sol, pitiños, herbas, ...).

5anos:

Facemos o mesmo que en 3 anos pero a maiores escribimos GALIÑA ROXA. Cantas palabras son? Cantas letras ten cada palabra? Cantas letras hay en total? Podedes completar o debuxo con máis cousas (sol, pitiños, herbas, ...).
 Rematamos cunha fermosa canción que xa coñecedes.


Psicomotricidade:




Inglés:

Ioga para nen@s en inglés.


PELO (programa da estimulación da linguaxe):

Xesticulamos.





Música:

No blog de música da profe Teresa tedes tamén na parte de educación infantil tres actividades moi divertidas.

http://musicafriol.blogspot.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario