sábado, 14 de marzo de 2020

ACTIVIDADES 3, 4 E 5 ANOS POLA SUSPENSIÓN DE CLASES.

O ciclo de educación infantil é complexo como para mandar material por iso a continuación deixarémosvos actividades para facer durante estes días cos vosos nenos/as esperando que a situación mellore e poidamos regresar pronto ás aulas.

Todo este material é para 3, 4 e 5 anos no que estamos a traballar as mestras Chus , Ana , Aurora e Ángela.

Estas actividades, cancións e contos maioritariamente xa as coñecen os neno/as. Cada semana poñeremos algún recurso máis.

De todos xeitos lembrade que o que queren e que falemos moito con eles e escoitar o que nos teñen que dicir.

ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA.

Durante estes días podemos involucrar aos nenos/as nas actividades da vida diaria  como poñer e recoller a mesa, axudar a facer masas e amasar, biscoitos, darlles un pano para limpar a mesa, que eles pelen mandarinas e plátanos, que se peiteen o cabelo, que se vistan e desvistan sos, darlles roupa con diferentes tipos de pechaduras para que eles o fagan ( cremalleiras, botóns, corchetes, cordóns, ...) meter a roupa na lavadora, ...

OUTRAS.

Con material que temos na casa coma pinzas: se son de cores clasificalas por cores facer series, poñer un cordel a altura do neno para que as poña nel e as quite, se son de madeira escribir en cada pinza unha letra do neno/a e que as ordene para poñer o seu nome, ...; separar garavanzos de fabas nun prato; con botóns que faga series, clasifique por tamaños, cores, formas, contalos, ...; con papeis vellos xogar a facer tiras rasgando; disfrazarse ca roupa de maiores, ...

Xogar con plastilina, ler contos e facerlles preguntas sobre de que trataba o conto que pasaba, facer debuxos, escribir o seu propio nome, ...

Visionar contos coma:

Cocorico






Cancións de repaso dos números e o abecedario:







Cancións en inglés suxeridas pola mestra Eva:


A profesora Teresa de Música creou un blog de música para o alumnado do cole, hai unha parte adicada para infantil. Deixámosvos o enlace a continuación.

http://musicafriol.blogspot.com/

miércoles, 26 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020.

Este ano o Entroido foi co tema de series de tv, en infantil escollimos a serie de Bob Esponja xa que tamén está relacionada co noso proxecto a Auga. Fixemos o noso disfraz con camisetas amarelas que as familias nos trouxeron e completamos con calcetíns altos, deportivas e un colador para cazar as medusas que eran as mestras. Divertímonos moito. Aquí vos deixamos unha mostra.
(Picade na foto)

martes, 21 de enero de 2020

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA.

O próximo 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz e Non Violencia coa canción De Festa de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Para este día o alumnado de infantil elaborou un mural co lema " O ceo chora pola Paz".


Por cuestións climatolóxicas cambiamos e celebramos o día da Paz e non Violencia o día 5 de febreiro. Foi unha celebración moi emotiva e con gran ilusión para todos e todas, disfrutamos coas frases que se aportaron e coa canción na que todo o centro participou , ademáis contamos coa vaca Muxía a Superheroína coa que os nenos/as  quedaron encantados.




É moi importante lembrar que a Paz non so é cousa de festexar un día senón de traballar tódolos día por unha boa relación e expresións das nosas ideas, como facemos a cotío.

Video feito polo alumnado e mestres da ESO do evento dese día.







jueves, 16 de enero de 2020

AGASALLOS DE NADAL

Este Nadal tanto Papá Noel, coma O Apalpador coma os tres Reis Magos deixáronnos agasallos na nosa clase que ilusionados abrimos.





















viernes, 3 de enero de 2020

REUNIÓN TRIMESTRAL.

O próximo 10 de xaneiro ás 15 horas na aula de 4 anos celebraremos a reunión trimestral  na que pregamos asistencia xa que tomaremos importantes decicisións sobre as liñas a seguir neste trimestre. Moitas grazas por adiantado.

NADAL

No mes de decembro estivemos traballando  a temática do Nadal, celebracións, personaxes ( Papá Noel, Apalpador e Reis Magos), participamos no concurso de postais, fixemos murais, manualidades, ...
Deixamos unha pequena mostra en imaxes:
Mural.
Pobo de Nadal cos Mbot
A nosa porta de Nadal

As postais, gañadora Iria Díaz
Facendo as árbores de Nadal.


 No cine nas Termas.