sábado, 14 de marzo de 2020

ACTIVIDADES 3, 4 E 5 ANOS POLA SUSPENSIÓN DE CLASES.

O ciclo de educación infantil é complexo como para mandar material por iso a continuación deixarémosvos actividades para facer durante estes días cos vosos nenos/as esperando que a situación mellore e poidamos regresar pronto ás aulas.

Todo este material é para 3, 4 e 5 anos no que estamos a traballar as mestras Chus , Ana , Aurora e Ángela.

Estas actividades, cancións e contos maioritariamente xa as coñecen os neno/as. Cada semana poñeremos algún recurso máis.

De todos xeitos lembrade que o que queren e que falemos moito con eles e escoitar o que nos teñen que dicir.

ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA.

Durante estes días podemos involucrar aos nenos/as nas actividades da vida diaria  como poñer e recoller a mesa, axudar a facer masas e amasar, biscoitos, darlles un pano para limpar a mesa, que eles pelen mandarinas e plátanos, que se peiteen o cabelo, que se vistan e desvistan sos, darlles roupa con diferentes tipos de pechaduras para que eles o fagan ( cremalleiras, botóns, corchetes, cordóns, ...) meter a roupa na lavadora, ...

OUTRAS.

Con material que temos na casa coma pinzas: se son de cores clasificalas por cores facer series, poñer un cordel a altura do neno para que as poña nel e as quite, se son de madeira escribir en cada pinza unha letra do neno/a e que as ordene para poñer o seu nome, ...; separar garavanzos de fabas nun prato; con botóns que faga series, clasifique por tamaños, cores, formas, contalos, ...; con papeis vellos xogar a facer tiras rasgando; disfrazarse ca roupa de maiores, ...

Xogar con plastilina, ler contos e facerlles preguntas sobre de que trataba o conto que pasaba, facer debuxos, escribir o seu propio nome, ...

Visionar contos coma:

Cocorico






Cancións de repaso dos números e o abecedario:







Cancións en inglés suxeridas pola mestra Eva:


A profesora Teresa de Música creou un blog de música para o alumnado do cole, hai unha parte adicada para infantil. Deixámosvos o enlace a continuación.

http://musicafriol.blogspot.com/

1 comentario: