Para que sexa máis levadeiro deixámosvos novas propostas que se suman ás das outras semanas desexando que vos resulten de axuda e vos gusten. Un saúdo e moitas apertas das vosas mestras.
Canción Pasapacasa sobre o Coronavirus.
ACTIVIDADES
Nesta semana podedes seguir facendo o de semanas anteriores e: trenzar con tres cordas, lanas,...; colaborar na limpeza da casa pasando o po ou varrendo; poñer a mesa para comer; ...
Esta semana propoñémosvos realizar un debuxo ou actividade plástica sobre a primavera (debuxar flores, facer un collage, manualidades, ..). Agardamos polas vosas obras sairán fermosísimas seguro.
Santillana ofreceunos esta aplicación gratuita para compartir coas familias e poder facer actividades dende o móbil, tablet ou ordenador no seguinte enlace que podedes descargar:
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.santillana.pupitre
Yasmina a mestra de audición e linguaxe tamén vos deixa propostas para facer na casa especialmente para os nenos/as de 4 e 5 anos, pero que os de 3 tamén poden facer:
-
Procura do
tesouro das letras: Esta actividade consiste en escribir nun folio unha
letra, por exemplo a letra A e buscar por toda a casa algún obxecto que comece
por esa letra e xuntalos todos nese folio. Comezaremos polas vogais e
continuaremos polo M, P, R e S.
-
Vexo,
vexo...Que ves?: Xogo tradicional onde temos que xogar mínimo dúas
persoas. O dialogo que tedes que dicir en todas as rondas é:
o
Vexo, vexo!
o
Que ves?
o
Unha cousiña
o
E que cousiña
é?
o
Empeza pola
letra .... Que será?
o
...
-
O barco do
sopro: Para realizar esta actividade necesitamos o fondo da botella que imos
usar como un barquiño. Poñemos este barquiño nun cubo cheo de auga e sopramos,
primeiro baleiro e logo imos engadindo boliñas de aluminio. Pero como as
engadimos? Para engadilas empregaremos unha palliña e faremos aspiración con
ela, de maneira que temos as boliñas nunha cunca e para collelas succionaremos
como cando bebemos pola palliña; mantemos esa succión ata que cheguemos ó barco
e a soltemos.
Para ampliar a
actividade o adulto ou persoa ca que xogue con neno/a pode indicarlle o número
de boliñas que metemos no barquiño e así tamén estaremos traballando os números
e a comprensión oral.
Moi
importante: As boliñas de papel de aluminio deben ser do tamaño dunha canica e
estar ben compactas.
CONTO E CANCIÓN DA SEMANA
Esta semana Lobo Feroz.