Queridas familias, queremos trasladarvos unha información de moito interese: a segunda avaliación vaise a levar a cabo na data prevista, segundo instrucións de Educación.
No caso do noso centro, terá lugar o 1 de abril. Daquela, pasado ese día, cada titor ou titora porase en contacto co seu alumnado, vía telefónica, para comunicarlles as súas cualificacións (notas). Pedímosvos que, nese momento, lle facilitedes unha dirección de correo electrónico operativa, para seguir mantendo contacto continuo para o que sexa preciso, e en previsión de que esta situación que estamos a vivir, se alongue no tempo. Ese correo será unha ferramenta de comunicación imprescindible, polo que convén estar pendente do mesmo a diario. Moitas grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario