lunes, 30 de marzo de 2020

ACTIVIDADES 3ª SEMANA FICA NA CASA.

Comezamos a 3ª semana na casa e non queremos deixar de pedirvos que fiquedes cada un na súa casa salvo para o imprescindible. Ánimo estades a facelo moi ben!!!

Para que sexa máis levadeiro deixámosvos novas propostas que se suman ás das outras semanas desexando que vos resulten de axuda e vos gusten. Un saúdo e moitas apertas das vosas mestras.

Canción Pasapacasa sobre o Coronavirus.





ACTIVIDADES

Nesta semana podedes seguir facendo o de semanas anteriores e: trenzar con tres cordas, lanas,...; colaborar na limpeza da casa pasando o po ou varrendo; poñer a mesa para comer; ...

Esta semana propoñémosvos realizar un debuxo ou actividade plástica sobre a primavera (debuxar flores, facer un collage, manualidades, ..). Agardamos polas vosas obras sairán fermosísimas seguro.

Santillana ofreceunos esta aplicación gratuita para compartir coas familias e poder facer actividades dende o móbil, tablet ou ordenador no seguinte enlace que podedes descargar:

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.santillana.pupitre


Yasmina a mestra de audición e linguaxe tamén vos deixa propostas para facer na casa especialmente para os nenos/as de 4 e 5 anos, pero que os de 3 tamén poden facer:


-          Procura do tesouro das letras: Esta actividade consiste en escribir nun folio unha letra, por exemplo a letra A e buscar por toda a casa algún obxecto que comece por esa letra e xuntalos todos nese folio. Comezaremos polas vogais e continuaremos polo M, P, R e S.
-          Vexo, vexo...Que ves?: Xogo tradicional onde temos que xogar mínimo dúas persoas. O dialogo que tedes que dicir en todas as rondas é:
o   Vexo, vexo!
o   Que ves?
o   Unha cousiña
o   E que cousiña é?
o   Empeza pola letra .... Que será?
o   ...
-          O barco do sopro: Para realizar esta actividade necesitamos o fondo da botella que imos usar como un barquiño. Poñemos este barquiño nun cubo cheo de auga e sopramos, primeiro baleiro e logo imos engadindo boliñas de aluminio. Pero como as engadimos? Para engadilas empregaremos unha palliña e faremos aspiración con ela, de maneira que temos as boliñas nunha cunca e para collelas succionaremos como cando bebemos pola palliña; mantemos esa succión ata que cheguemos ó barco e a soltemos. 
Para ampliar a actividade o adulto ou persoa ca que xogue con neno/a pode indicarlle o número de boliñas que metemos no barquiño e así tamén estaremos traballando os números e a comprensión oral.
Moi importante: As boliñas de papel de aluminio deben ser do tamaño dunha canica e estar ben compactas.

CONTO E CANCIÓN DA SEMANA

Esta semana Lobo Feroz.







No hay comentarios:

Publicar un comentario