lunes, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDADES 2ª SEMANA FICA NA CASA.

Este domingo ampliouse o Estado de Alarma ata o 11 de abril polo que debemos ficar cada un na súa casa para poder poñerlle tódalas trabas a este virus e non poida perxudicarnos máis. Por iso o noso lema debe ser:
FICA NA TÚA CASA

TODO VAI SAIR BEN


ACTIVIDADES:

Para esta 2ª semana na casa podemos seguir facendo as actividades da 1ª que non fixeramos e repetir outras, a maiores:

En canto as actividades da vida diaria podemos darlles diferentes envases con diferentes pechaduras que teñamos pola casa para que abran e pechen, por exemplo botes de rosca, botes por presión, bolsas zip, abrir bolsiñas cando se precisen, como de galletas, froitos secos,  ...; cando recollades a roupa parellar calcetíns, pregar a roupa que lles resulte máis doada coma panos; recoller cada cousa ao seu lugar; ...

Esta semana propoñémosvos unha actividade : facer un debuxo do arco da vella que está a ser un símbolo infantil deste confinamento para dar ánimo e facer os máis pequenos protagonistas, enviádesnos as fotos do debuxo e faremos unha exposición no blog que encheredes de esperanza. Lembrade escribir cada neno/a  voso nome no debuxo.

Xogos on line nos seguintes enlaces sin ter que dar ningún dato.

Xogos atención

https://www.juegosinfantilespum.com/clic/08-colado-ropa.php
https://www.juegosinfantilespum.com/clic/01-auditos.php
https://www.juegosinfantilespum.com/memoria/01-animales.php

Puzzles

https://www.juegosinfantilespum.com/rompecabezas-puzzles/03-perro.php
https://www.juegosinfantilespum.com/rompecabezas-puzzles/04-vaca.php

Outros enlaces

http://www.rtve.es/infantil/ingles/

Actividades extraescolares do cole tamén deixaron un enlace na páxina web do centro:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpidrlopezfriol/

Ao longo da semana iremos ampliando actividades.

CHEGOU A PRIMAVERA.

Para recibir a primavera deixámosvos unha canción de Mama Cabra.



Observade dende a vosa fiestra, no voso xardín, aira as árbores que hai,  algunhas terán moitas follas e outras non. Ás que están espidas que lles está a pasar? Teñen algo especial?

CONTO E CANCIÓN:

Coelliño Branco










No hay comentarios:

Publicar un comentario