CONVOCATORIA DE CONCURSO DE CREACIÓN LITERARIA
LETRAS GALEGAS 2020
Un ano máis, e dentro das actividades a desenvolver polo
Equipo de Dinamización da Lingua Galega, para celebrar as Letras
Galegas 2020, convócase o Concurso de creación literaria,
dirixido ao alumnado do CPI Dr. López Suárez de Friol, de acordo
coas seguintes categorías e bases:
CATEGORÍAS:
● EDUCACIÓN INFANTIL:
Establécese unha categoría para cada nivel, seleccionando un
traballo por grupo.
● EDUCACIÓN PRIMARIA:
Establécense unha categoría por nivel, seleccionando un traballo en
cada grupo.
● EDUCACIÓN SECUNDARIA:
Establécense unha categoría por nivel, seleccionando un traballo en
cada grupo.
BASES:
● Os traballos deberán ser totalmente orixinais, estarán
redactados obrigatoriamente en Lingua Galega, en poesía ou en
prosa. Poderán conter ilustracións ou contar unha historia a
través dun debuxo.
● Poden presentarse escritos ou debuxados á man ou feitos no
ordenador, pero sempre tamaño folio.
● Os traballos enviaranse á dirección de correo do noso centro:
cpi.drlopez.friol@edu.xunta.es
● O prazo de presentación dos traballos rematará o día 17 de
maio, Día de las Letras Galegas .
● Establecerase un xurado e o seu fallo será irrevogable.
● A entrega de premios será en data e lugar por determinar.
● Os premiados serán publicados na páxina web do CPI Dr.
López Suárez de Friol.
Friol, 27 de abril de 2.020
A coordinadora do EDLG
En Educación Infantil poden facer un debuxo nun folio con temática libre. Para envialo mandades unha foto do debuxo, preferentemente, ao correo do centro ou da forma habitual de comunicación a nós.
O Departamento de Orientación comunícanos que dende o centro gustaríanos coñecer cales son as vosas inquietudes, necesidades e expectativas neste momento que estamos atravesando, respecto ó proceso educativo dos vos@s fill@s . Para facilitar a máxima coordinación centro-familias, poñemos un horario de atención: luns e venres ás 10 da mañá coa finalidade de escoitar e se é posible aclarar, todas as vosas dúbidas, preocupacións e por suposto suxerencias. A maneira de facelo é concertar entrevista a través do tlefno do Centro: 982828180.
Lembrar que as titoras de cada grupo tamén están a vosa disposición polos medios habituais de comunicación que ata de agora estamos empregando.
Bos días comezamos a 7ª semana de confinamento e cada vez falta menos. Ánimo e lembrade actuar con responsabilidade. Dende este blog seguímosvos acompañando neste camiño intentando que tod@s poidades participar nalgunha. Unha aperta do equipo de educación infantil.
ACTIVIDADES:
Hoxe comezamos cunha recomendación para cando a cativada fai calquera actividade en papel e collan ben o lapis. Usamos tres dedos o pulgar, índice e corazón. É moi recomendable facer actividades de motricidade fina cos dedos coma as da 1ª semana, xogar con pinzas, separar fabas de garabanzos, ...
Esta semana imos traballar cos números comezamos cantando a canción
3 anos:
Repasamos os números do 1 ao 3.
Agora vos nun folio:
Escribides o voso nome.
Debuxades dúas flores.
Facedes o número 2.
4 e 5 anos:
Repasamos os números.
4 anos:
Agora vos nun folio:
Escribides o voso nome.
Debuxades 5 flores.
Facedes o número 5.
5 anos:
Agora vos nun folio:
Escribides o voso nome.
Debuxades 8 flores.
Facedes o número 8.
Lembrade xogar a contar coches, pedras, cantos estades na casa, cantos cans tedes ou vacas, plantas, .... É moi divertido xogar cos números, podemos atopalos en moitos sitios. Vos védelos?
INSTRUCCIÓNS 3º TRIMESTRE
Esta semana sairón as instrucción provisionais para a terceira avaliación deixámosvos o enlace. Polo de agora seguiremos traballando coma semanas anteriores.
ACTIVIDADES Conto:
Esta semana temos unha conmemoración especial, 23 de abril día do libro, co que nos gustan a nós os contos!!!
Pero comezaremos por unha canción que se chama O libro Máxico do grupo teatral musical galego Migallas. Os libros son tesouros cheos de emocionantes aventuras.
Lembrarvos que esta celebracíon é para fomentar a lectura e escolleuse este día porque coincide co aniversario de defunción de William Shakespeare e Miguel de Cervantes. Nós imos deixarvos unha curta sobre a segunda obra máis lida do mundo de Miguel de Cervantes: Don quijote de la Mancha. Esperamos que vos guste!!!
Como actividade semanal gustaríanos que participárades mandándonos unha foto do voso libro preferido, contando o voso conto preferido brevemente, facendo un debuxo dese conto especial, ou o que vos queirades. No que fagades escribide o voso nome e os de 4 e 5 anos tamén o título. Agardamos as vosas aportacións.
No blog da Asociación Antonio Gandoy tedes uns contos curtos contados polas orientadoras desta asociación pola infancia que son moi fermosos e para o 23 de abril son interesantes . Premede no enlace.
Dende o departamento de orientación en colaboración cos docentes neste curso académico púxose en marcha o proxecto Encontros Interxeneracionais con diferentes actividades nas que xa habiamos comezado a traballar e participar tanto as familias coma dende as aulas. Nestes momentos resulta moi difícil seguir na mesma dinámica de traballo, por eso o departamento de orientación proponnos colaborar nunha iniciativa cos maiores de DomusVi Lugo a Residencia de Outeiro de Rei que consiste en comunicarnos con eles a través do blog de orientación colgando mensaxes de ánimo, debuxos, relatos, lendas, cancións, historias, ....
É unha iniciativa realmente fermosa que axudaría a persoas que necesitan todo o apoio.
Deixámosvos o enlace para que o consultedes e pensedes en como colaborar. Para participar podedes mandar o que queirades ao whatsapp habitual e farémolo chegar ao DO. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Benvidos de novo despois destas vacacións. Desexamos que tod@s esteades tan ben coma nós. Cada día queda menos para vernos.
Unha canción para comezar:
Ao longo desta semana darannos instruccións para esta terceira avaliación. Mentres mantemos a dinámica seguida en semanas pasadas.
ACTIVIDADES
Facer actividades de semanas anteriores de colaboración en actividades da vida diaria e outras.
-Ángela, a mestra de psicomotricidade cada semana daravos un reto para que fagades, apetécevos? Seguro que si, ánimo. Picade na imaxe.
-Yazmina, mestra de audición e linguaxe, recomenda estas actividades especialmente para os nen@s de 4 e 5 anos:
-As cartas das
letras: para realizar esta actividade, primeiro escribimos as letras (vogais, M,
P, R, T e S) en tarxetas cun tamaño aproximado dun cuarto de folio; cando as
teñamos poñémolas boca abaixo e imos levantando dunha nunha. Con cada letra que
saquemos temos que dicir o nome dun obxecto, animal, comida...que comece por
esa letra. Por exemplo co T, tomate. (Non vos esquezades dos nomes que
dixestes, van ser moi útiles no seguinte xogo)
-Memory: Agora gardando as tarxetas das letras da actividade anterior,
imos debuxar noutras tarxetas do mesmo tamaño as palabras que dixemos na
actividade anterior. Cando as teñamos todas, xa o teremos todo listo para xogar
ó Memory. Sabedes como se xoga? Poñemos todas as cartas cara abaixo e iremos
levantando de unha en unha ata que consigamos todas as parellas (letra-debuxo),
así que fíxate ben e recorda onde estaban todas as letras e debuxos que
levantaches ata completar o xogo.
-Eva, a mestra de inglés, achegounos esta canción en inglés para lembrar as cores e o enlace da páxina de Macmillan para poder facer actividades a través de contos .
-Lembrar que Teresa, a mestra de música, fixo un blog para o alumnado de primaria e infantil. Que instrumentos máis chulos podemos facer con material de refugallo.
Deixámosvos o enlace.
CONTO
Hoxe presentámosvos un conto moi especial e con moito cariño, picade na foto.
Como actividade desta semana gustaríanos que nos contásedes cun debuxo, canción, maunalidade, ... que gardaríades vós na caixa dos vosos tesouros. Ánimo esperamos ansiosas as vosas aportacións.
Nesta situación especial na que estamos a vivir lembrarvos que hoxe comezan as vacacións ata o 14 de abril que voltaremos con vós. Neste periodo debedes descansar, participar nas tarefas da casa e sobre todo xogar, cantar e bailar.
Unha aperta das vosas mestras que teñen moitas ganas de vervos. Para que lembredes Eu teño alguén.
Deixamosvos o conto de Chocolata e a súa canción para que disfrutedes nestas vacacións.