Bos días comezamos a 7ª semana de confinamento e cada vez falta menos. Ánimo e lembrade actuar con responsabilidade. Dende este blog seguímosvos acompañando neste camiño intentando que tod@s poidades participar nalgunha. Unha aperta do equipo de educación infantil.
ACTIVIDADES:
Hoxe comezamos cunha recomendación para cando a cativada fai calquera actividade en papel e collan ben o lapis. Usamos tres dedos o pulgar, índice e corazón. É moi recomendable facer actividades de motricidade fina cos dedos coma as da 1ª semana, xogar con pinzas, separar fabas de garabanzos, ...
Esta semana imos traballar cos números comezamos cantando a canción
3 anos:
Repasamos os números do 1 ao 3.
Agora vos nun folio:
- Escribides o voso nome.
- Debuxades dúas flores.
- Facedes o número 2.
4 e 5 anos:
Repasamos os números.
Repasamos os números.
4 anos:
Agora vos nun folio:
- Escribides o voso nome.
- Debuxades 5 flores.
- Facedes o número 5.
Agora vos nun folio:
- Escribides o voso nome.
- Debuxades 8 flores.
- Facedes o número 8.
Lembrade xogar a contar coches, pedras, cantos estades na casa, cantos cans tedes ou vacas, plantas, .... É moi divertido xogar cos números, podemos atopalos en moitos sitios. Vos védelos?
Reto desta semana.
PELO(programa da estimulación da linguaxe):
No hay comentarios:
Publicar un comentario