martes, 14 de abril de 2020

ACTIVIDADES 5ª SEMANA FICA NA CASA

Benvidos de novo despois destas vacacións. Desexamos que tod@s esteades tan ben coma nós. Cada día queda menos para vernos.

Unha canción para comezar:





Ao longo desta semana darannos instruccións para esta terceira avaliación. Mentres mantemos a dinámica seguida en semanas pasadas.

ACTIVIDADES

Facer actividades de semanas anteriores de colaboración en actividades da vida diaria e outras.

-Ángela, a mestra de psicomotricidade cada semana daravos un reto para que fagades, apetécevos? Seguro que si, ánimo. Picade na imaxe.


-Yazmina, mestra de audición e linguaxe, recomenda estas actividades especialmente para os nen@s de 4 e 5 anos:
        -As cartas das letras: para realizar esta actividade, primeiro escribimos as letras (vogais, M, P, R, T e S) en tarxetas cun tamaño aproximado dun cuarto de folio; cando as teñamos poñémolas boca abaixo e imos levantando dunha nunha. Con cada letra que saquemos temos que dicir o nome dun obxecto, animal, comida...que comece por esa letra. Por exemplo co T, tomate. (Non vos esquezades dos nomes que dixestes, van ser moi útiles no seguinte xogo)

-Memory: Agora gardando as tarxetas das letras da actividade anterior, imos debuxar noutras tarxetas do mesmo tamaño as palabras que dixemos na actividade anterior. Cando as teñamos todas, xa o teremos todo listo para xogar ó Memory. Sabedes como se xoga? Poñemos todas as cartas cara abaixo e iremos levantando de unha en unha ata que consigamos todas as parellas (letra-debuxo), así que fíxate ben e recorda onde estaban todas as letras e debuxos que levantaches ata completar o xogo. 

-Eva, a mestra de inglés, achegounos esta canción en inglés para lembrar as cores e o enlace da páxina de Macmillan para poder facer actividades a través de contos .



https://www.macmillaneducation.es/teachers-corner/en-casa-con-macmillan/macmillan-live/

-Lembrar que Teresa, a mestra de música, fixo un blog para o alumnado de primaria e infantil. Que instrumentos máis chulos podemos facer con material de refugallo.
Deixámosvos o enlace.

http://musicafriol.blogspot.com/

CONTO

Hoxe presentámosvos un conto moi especial e con moito cariño, picade na foto.


Como actividade desta semana gustaríanos que nos contásedes cun debuxo, canción, maunalidade, ... que gardaríades vós na caixa dos vosos tesouros. Ánimo esperamos ansiosas as vosas aportacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario