jueves, 30 de abril de 2020

CONCURSO CREACIÓN LITERARIA.

CONVOCATORIA DE CONCURSO DE CREACIÓN LITERARIA LETRAS GALEGAS 2020 

 Un ano máis, e dentro das actividades a desenvolver polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, para celebrar as Letras Galegas 2020, convócase o Concurso de creación literaria, dirixido ao alumnado do CPI Dr. López Suárez de Friol, de acordo coas seguintes categorías e bases: 

CATEGORÍAS: 

● EDUCACIÓN INFANTIL: Establécese unha categoría para cada nivel, seleccionando un traballo por grupo.
● EDUCACIÓN PRIMARIA: Establécense unha categoría por nivel, seleccionando un traballo en cada grupo.
● EDUCACIÓN SECUNDARIA: Establécense unha categoría por nivel, seleccionando un traballo en cada grupo. 

BASES: 

● Os traballos deberán ser totalmente orixinais, estarán redactados obrigatoriamente en Lingua Galega, en poesía ou en prosa. Poderán conter ilustracións ou contar unha historia a través dun debuxo. 
● Poden presentarse escritos ou debuxados á man ou feitos no ordenador, pero sempre tamaño folio. ● Os traballos enviaranse á dirección de correo do noso centro: cpi.drlopez.friol@edu.xunta.es 
● O prazo de presentación dos traballos rematará o día 17 de maio, Día de las Letras Galegas . 
● Establecerase un xurado e o seu fallo será irrevogable.
● A entrega de premios será en data e lugar por determinar.
● Os premiados serán publicados na páxina web do CPI Dr. López Suárez de Friol.

 Friol, 27 de abril de 2.020 A coordinadora do EDLG

En Educación Infantil poden facer un debuxo nun folio con temática libre. Para envialo mandades unha foto do debuxo, preferentemente, ao correo do centro ou da forma habitual de comunicación a nós.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR.

No hay comentarios:

Publicar un comentario