domingo, 19 de abril de 2020

ACTIVIDADES 6ª SEMANA FICA NA CASA.



INSTRUCCIÓNS 3º TRIMESTRE

Esta semana sairón as instrucción provisionais para a terceira avaliación deixámosvos o enlace. Polo de agora seguiremos traballando coma semanas anteriores.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850


ACTIVIDADES

Conto:

Esta semana temos unha conmemoración especial, 23 de abril día do libro, co que nos gustan a nós os contos!!!
Pero comezaremos por unha canción que se chama O libro Máxico do grupo teatral musical galego Migallas. Os libros son tesouros cheos de emocionantes aventuras.


Lembrarvos que esta celebracíon é para fomentar a lectura e escolleuse este día porque coincide co aniversario de defunción de William Shakespeare e Miguel de Cervantes. Nós imos deixarvos unha curta sobre a segunda obra máis lida do mundo de Miguel de Cervantes: Don quijote de la Mancha. Esperamos que vos guste!!!


Como actividade semanal gustaríanos que participárades mandándonos unha foto do voso libro preferido,  contando o voso conto preferido brevemente, facendo un debuxo dese conto especial, ou o que vos queirades. No que fagades escribide o voso nome e os de 4 e 5 anos tamén o título. Agardamos as vosas aportacións.

No blog da Asociación Antonio Gandoy tedes uns contos curtos contados polas orientadoras desta asociación pola infancia que son moi fermosos e para o 23 de abril son interesantes . Premede no enlace.





Psicomotricidade:


Música:

Os vídeos , fotos , que fixemos e fixéstedes de instrumentos musicais están no blog de música.

http://musicafriol.blogspot.com/

Audición e linguxe:



Inglés:

Eva, a profe de inglés , deixanos unha selección de libros en inglés, algúns xa os coñecedes.


https://sites.google.com/view/storieshavefunwithcoco/home

No hay comentarios:

Publicar un comentario